Alcoa

Comunicado de prensa conxunto

Hoxe, martes 11 de agosto, celebrouse en Madrid unha nova reunión na que se deu continuidade ao encontro celebrado o pasado mércores, día 5, e á que, ademais do secretario xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Raúl Blanco; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde; o responsable de Política Industrial e Sectorial de CCOO de Industria, José Manuel Casado; o secretario xeral de UXT FICA, Pedro Follas; e o secretario xeral da CIG, Paulo Carril; tamén asistiu o presidente de Alcoa en España, Álvaro Dourado. Co obxectivo de lograr que se garanta o mantemento da actividade industrial na planta de Alcoa San Cibrao e dos postos de traballo vinculados á factoría, a Xunta de Galicia e o Goberno de España, oídas as partes durante este tempo, trasladaron ao resto de asistentes unha proposta que contén entre outros os seguintes elementos:

1. Estender ata o 28 de setembro o período de consultas do expediente de regulación de emprego (ERE); prazo no que Alcoa comprométese tanto a negociar unha operación de compra-venda en exclusividade con GFG Alliance ( Liberty House) como a manter a actividade industrial na fábrica de San Cibrao.

2. Durante este proceso, Alcoa comprométese tamén a informar regularmente á Xunta de Galicia, ao Goberno de España e aos órganos e representantes de cada organización sindical da evolución das negociacións. En concreto, no marco dunha mesa industrial, constituirase unha comisión formada por un representante da Xunta, un representante do Ministerio de Industria, un representante de cada unha das organizacións sindicais (CCOO, UXT e CIG) e un representante de cada un dos sindicatos que conforman o comité de Alcoa San Cibrao.

3. A ampliación do período de consultas terá como obxectivo prioritario pechar un acordo de compra-venda, fixando o 27 de setembro como data límite para conseguilo. Se non se concreta devandito acordo, as partes que integran a comisión negociadora (Alcoa e comité de empresa) reuniranse o 28 de setembro co propósito de finalizar o período de consultas.

A proposta trasladada hoxe pola Xunta de Galicia e o Goberno de España será remitida ao comité de empresa e a Alcoa para a súa aceptación, que en calquera caso deberase ratificar no marco da comisión negociadora (Alcoa e comité de empresa), que terá de marxe para volverse a reunir ata o vindeiro xoves 13 de agosto. Tanto a Xunta de Galicia como o Goberno de España queren reiterar o seu compromiso para seguir traballando conxuntamente con todas as partes e lograr que o proceso de compra-venda da planta de Alcoa San Cibrao teña as certezas necesarias para que dita operación sexa efectiva e se alcance unha solución viable.

A Xunta de Galicia e o Goberno de España valoran positivamente a boa fe do comité de empresa e de Alcoa para retomar a senda do diálogo e a negociación a partir desta proposta. Contar cun marco temporal máis amplo é demostrativo do esforzo de ambas as partes por alcanzar un acordo e buscar a mellor solución.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com