Alfoz estrea un aparcadoiro para 40 autocaravanas, único na Mariña

O Concello mariñán de Alfoz estrea hoxe un novo aparcadoiro de autocaravanas financiado con 36.000 euros da Deputación de Lugo. No acto inaugural estiveron presentes o alcalde da localidade, Jorge Val, acompañado do deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos. O aparcadoiro ten capacidade para 40 vehículos e atópase na parroquia de San Pedro de Mor.

Trátase da única instalación desta natureza na Mariña interior lucense. Santos Ramos destacou a importancia desta nova área “para o impulso turístico na zona, e para a difusión do patrimonio histórico, paisaxístico e cultural da comarca”. Nestes senso apuntou que “este tipo de proxectos contribúen a incrementar o número de visitantes de Alfoz, promovendo o turismo, e a xeración de riqueza, nun entorno natural e único como é o deste Concello mariñán”.

Val Díaz agradeceu a constante colaboración do Goberno da Deputación “en proxectos que buscan pór en valor o noso territorio, aproveitando as características propias das que dispomos, nunha clara aposta pola defensa do rural”.

A zona de aparcadoiros e servizos para estes vehículos está situada ao carón do parque municipal, o campo de fútbol e o campo da festa. Conta cunha extensión de case 1 hectárea e ten capacidade para acoller a 40 caravanas. Posúe un amplo catálogo de servizos como o de auga, luz e xestión de vertidos, cos que favorecemos a estancia dos usuarios que optan por este tipo de transporte estival. A área está especialmente pensada para familias con nenos, porque conta con piscina e un parque, unha zona de descanso con castiñeiros e unha área con aparellos para facer exercicios ximnásticos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com