Alumnos do Máster de avogacía realizarán prácticas na Subdelegación do Goberno

Na Subdelegación do Goberno ven de celebrarse unha reunión na que quedou constituída a Comisión de Seguemento do convenio de colaboración suscrito entre o Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, a Universidade de Santiago de Compostela e o Colexio Provincial de Avogados asinado en maio de 2015, para que alumnos matriculados no Máster de acceso á profesión de Avogado realicen prácticas formativas curriculares Subdelegación do Goberno en Lugo. Este máster impárteno conxuntamente a USC e o Colexio de Avogados. A xuntanza estivo presidida polo subdelegado do Goberno, Ramón Carballo.

Da comisión de seguemento, constituida esta mañá segundo o estipulado no convenio, forman parte o secretario xeral e o vicesecretario xeral da Subdelegación do Goberno, Constantino Rodríguez e Luis Torres; a xerente do Colexio Provincial de Avogados, Mercedes Alvite; e o director da Escola de Práctica Xurídica ‘Decano Pedro González” e coordinador do Máster oficial en Avogacía, Miguel Ángel Caraduje. A comisión, que se reunirá cando menos unha vez durante a vixencia desta colaboración, tratará os problemas derivados da interpretación e execución do convenio.Nel a Subdelegación do Goberno comprométese a acoller a alumnos do máster durante un período de tempo de 75 horas, responsabilizándose da súa formación durante a súa estancia.

O interese do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas na suscripción deste convenio de colaboración, baséase no convencemento de que a acollida dos estudantes no ámbito da Subdelegación suporá unha experiencia enriquecedora para os alumnos, no que se refire á súa preparación como futuros xuristas, e tamén para os empregados públicos, que poderán compartir experiencias laborais co mundo universitario.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com