" />

Álvaro Santos será o sustituto de Couto na área de Urbanismo e Silvia Alonso entra a formar parte do Goberno

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, compareceu hai uns minutos en rolda de prensa para informar dos últimos cambios realizados no equipo de Goberno logo da dimisión, no pasado mes de marzo, do edil Miguel Couto, titular, ata aquel momento, da área de Urbanismo. Esta decisión de Couto non só azoutou a política lucense senón que levantou, de novo, as azueiras sobre a ruptura interna do partido socialista. A rexedora deu a coñecer non só ao sustituto de Couto como titular da área de Urbanismo, senón a entrada de Silvia Alonso ao Goberno local e un cambio xeralizado das competencias de cada un dos ediles socialistas.

Así, Álvaro Santos, ata o momento, titular de Medio Ambiente, pasará a encabezar a área de Urbanismo e a Empresa Municipal de Vivenda e Solo, Evislusa. Pola súa banda, a profesora de universidade, Silvia Alonso levará Igualdade e Muller, competencia que ata agora levaba a edil Ana Gonzalez Abelleira, quen a partir de agora dirixirá a área de Cohesión e dinamización social que comprende as concellerías de Desenvolvemento local e emprego, que levará Abelleira persoalmente; e Xuventude e Deporte que pasará ás mans de Mauricio Repetto. 

Por último, á fronte de Medio Ambiente quedará o voceiro do Goberno, Miguel Fernández, quen dirixirá a área de Cohesión Territorial, e que, dende hoxe, unirá Medio Rural e Medio Ambiente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo