O voceiro do PP na Deputación de Lugo ve neste caso “un exemplo de rapidez na tramitación administrativa cando lle convén ao PSOE, xa que pouco despois de que o presidente da CHMS tomara o control da Fundación, a poucas semanas dunhas eleccións autonómicas, bastaron unha memoria de 2 cariñas e 15 parágrafos para tentar xustificar esta operación”, toda vez que a memoria recolle que o Concello non conta cos recursos suficientes”.
A solicitude de convenio foi formalizada polo Concello de Cervantes “o 20 de novembro e foi aprobado e firmado o 29 de decembro, o mesmo día no que se solicita unha prórroga: todo ás présas e correndo unhas semanas antes das eleccións autonómicas”
As distintas taxacións son “un auténtico despropósito: a Fundación aporta unha na que recolle un elevado valor ao inmoble e a Deputación encarga outra da que descoñecemos a primeira versión e na segunda recoñece que non se prevé unha revalorización do inmoble nun futuro próximo e que a demanda deste tipo de inmobles é nula”
O popular considera que “o goberno provincial ten que aclarar porque se anulou a primeira taxación encargada á mesma empresa xa que cre que igual non permitía a comisión que pretendía darlle e, como se recoñece na segunda taxación realizada,os responsables da mesma non accederon ao interior do castelo”
“As taxacións recoñecen que o estado é mellorable; pero, aínda por riba, as únicas melloras que sufriu nos últimos anos foron financiadas xa con fondos públicos da Deputación de Lugo: pagaron dobremente a comisión a unha Fundación vinculada ao PSOE”, remata Ameijide.