Amelia Tiganus, supervivinte á prostitución e trata, contará en Lugo a súa experiencia

A agrupación de Esquerda Unida en Lugo organiza, xunto a Asociación Cultural Contracorrente, unha charla sobre trata de mulleres e prostitución este sábado 29 ás 12:00h no Salón de Actos do Vello Cárcere, con motivo da conmemoración do Día Internacional Contra a Explotación Sexual e Trata de Mulleres, Nenas e Nenos; na que a principal poñente será Amelia Tiganus, supervivinte de prostitución e trata e activista feminista da coñecida plataforma contra a violencia machista Feminicidio.net. Na charla-coloquio tamén participará Ana Barba Núñez, educadora social da Asociación Aliad-Ultreia, que traballa con vítimas de trata e prostitución na nosa cidade.

Estímase que máis de 40 millóns de persoas son vítimas de explotación sexual en todo o mundo, das cales o 80% son mulleres e nenas menores de 25 anos de idade e que proceden dos grupos máis vulnerables da sociedade, especialmente mulleres migrantes en situación administrativa irregular. “O traballo de prevención e sensibilización contra esta lacra é unha prioridade para a agrupación local de EU, por ser Lugo un municipio no que tralo estalido do Caso Carioca se identificaron máis de 400 mulleres, entre elas moitas menores e a maioría migrantes en situación de pobreza, como vítimas de trata e prostitución coactiva”, sinala Isabel Sánchez, coordinadora comarcal de Esquerda Unida en Lugo.

“Está claro que o lucrativo negocio montado ao redor da prostitución e a trata de mulleres está directamente relacionado coa vulnerabilidade socioeconómica e a desigualdade de xénero. As mafias abastecen coa trata de mulleres o crecente mercado da prostitución, que se sostén coa demanda, tamén en aumento, de homes cada vez máis mozos que cren ter dereito a pagar polo consentimento sexual das mulleres. Nunha sociedade igualitaria e xusta resultaría inconcebible a explotación e o abuso sexual como medio de vida de mulleres e nenas. Os homes que acuden á prostitución deben ser conscientes de que son cómplices das mafias e que están a exercer unha das formas más brutais de violencia machista”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com