A poboación civil da Franxa de Gaza ocupada está a sufrir as consecuencias devastadoras dun xenocidio perpetrado por Israel. Decenas de miles de persoas foron asasinadas, das cales unha boa parte son nenas e nenos.
O vindeiro martes 14 de outubro a partir das 19:00 h. no quiosco da música da Praza Maior de Lugo terá lugar un acto organizado por Amnistía Internacional para lembrar aos milleiros de nenas e nenos asasinados en Gaza.
O propósito de Amnistía Internacional é realizar unha lectura pública dos seus nomes. Cada persoa participante lerá cinco nomes.
A listaxe das vítimas infantís, que en agosto de 2025 superaba as 18.000 nenas e nenos, foi publicada polo Washington Post e a fonte é o Ministerio de Sanidade de Gaza.
Segundo declaracións da directora executiva de UNICEF do 8 de outubro de 2025, “64.000 nenas e nenos foron asasinados ou mutilados en toda a Franxa de Gaza, incluídos polo menos 1.000 bebés. Non sabemos cantos máis morreron debido a enfermidades prevenibles ou están enterrados baixo os entullos“.
“Non podemos esquecer as vidas arrebatadas a tantas nenas e nenos”.