" />

Ampliación de horario nos locais asociados á Apehl durante a noite de San Xoan

A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados a esta para a noite de maña, martes 23 de xuño ao mércores 24 de xuño, con motivo da celebración da noite de San Xoan.
A autorización poderá aplicarse en todos os concellos da provincia, excepto nos  concellos de Negueira de Muñiz, Xove e Ribadeo, que non emitiron informe favorable.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo