Amplíase ata o sábado o prazo para inscribirse no III Premio Lugo Monumental de animación na rúa

O xurado do III Premio “Lugo Monumental” de animación na rúa decidiu ampliar ata o sábado o prazo para inscribirse.

Esta decisión tomouse ao detectar que algúns grupos se demoraron na inscrición, e tamén buscando a maior participación posible. Asemade ofrecese a posibilidade de inscribirse enviando un Whatsapp ou un SMS co nome do grupo e o do responsable deste ao número 644 232 300.

Os tres premios dotados con 600, 300 e 100 euros respectivamente, serán decididos polos 44 locais participantes na iniciativa, que puntuarán aos tres grupos que máis colaboren á animación da súa zona con 1, 2 e 3 puntos. Será a suma total dos puntos obtidos por cada grupo o que outorgará as cualificacións finais.

Os premios outorgaranse sobre a base da animación da zona e non pola calidade dos disfraces, para estes xa existen outros concursos de pública concorrencia. A participación no premio é gratuíta.

@LugoMonumental

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com