Animalistas censuran a presencia de PSOE e PP na xornada procaza cancelada

A asociación animalista Libera censurou esta mañá a presenza de cargos do Partido Popular e do PSOE nunha xornada organizada para defender a caza frente á opinión da “inmensa maioría” da cidadanía galega, e que se ía a realizar esta fin de semana en Cospeito, concello que aparecía como “colaborador” da iniciativa. Aínda que a actividade foi cancelada a causa das medidas preventivas do COVID-19.

Os animalistas sinalan que a participación de socialistas e conservadores serve para “tomar nota acerca do interese electoralista de ambas formacións por cooptar o electorado escopetero, con menos de 37.000 votantes potenciais, frente á población no cazadora” que representa un porcentaxe moito máis amplo de potenciais electores.

Así Libera! lembra que tanto PSOE como PP votaron no Parlamento galego no “apoiar salvaxadas” como os “pseudocampeonatos para masacrar raposos” que se veñen convocando con asiduidad en Galicia nas diferentes provincias, concitando un amplo rexeitamento social o último celebrado en Portomarín, cuxo “rexedor tamén confirmou a súa intención de asistir á xornada convocada no recinto feiral de Muimenta.

Á actividade de defensa da caza e “as súas aberracións” tamén tiñan previsto asistir candidatos á convocatoria electoral do 5 de abril, como, segundo denuncian os animalistas, a cabeza de lista do PP pola Coruña, Ángeles Vázquez, o que, segundo os defensores dos animais envían unha mensaxe moi clara.

Fronte aos cazadores, os animalistas xa suman máis de 211.000 sinaturas para reclamar modificacións normativas que posibiliten a prohibición de prácticas extremadamente crueis, dende a caza de raposos ata o uso de manadas de cans que acaban xerando lances de especial violencia contra fauna silvestre.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com