" />

Animalistas censuran o “electoralismo” do PP lucense co lobo

A Asociación Animalista Libera censurou este venres o “electoralismo do que fai gala o Partido Popular da provincia de Lugo” para xustificar o mantemento da condición cinexética do lobo ibérico en toda a comunidade.

En resposta ao ataque institucional que os populares “pretenden desenvolver en diferentes cámaras de representación”, como Concellos ou a Deputación Provincial, a ONG lémbralles que a protección do carnívoro é unha esixencia contida en convenios internacionais ratificados por España hai xa 35 anos, e que organismos de prestixio como a Unión Internacional de Conservación da Natureza ( UICN) cualifica ao lobo como especie “vulnerable”.

Os animalistas sinalan que a formulación do PP podería chocar con estas disposicións e cos Directiva Hábitats, que esixe unha convivencia real co lobo. Tamén coa sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre Finlandia de 2019, onde se advertía que unha acción de caza debe estar xustificada con informes científicos inequívocos e rigorosos, non cunha simple autorización administrativa.

Fronte ao apoio procaza do Partido Popular lucense, os defensores dos animais esgrimen estudos científicos como o que conclúe que ás cacerías de lobo con capturas séguelles un aumento dos danos na gandería, elaborado en 2016 polo CSIC e a Universidade de Oviedo.

Os conservadores tiveron moitas oportunidades en cada pleno local, provincial, autonómico e mesmo estatal para expor novas liñas de axudas para o sector agrogandeiro ou para reclamar máis compromiso institucional, e só agora tratan de instrumentalizar unha campaña de odio cara a un animal para gañar votos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo