Aparece o corpo dun ancián flotando no porto de Burela

O cadáver dun home de avanzada idade foi localizado esta tarde flotando na auga, nas inmediacións do porto de Burela. Unha persoa chamaba ao 112 Galicia ás 15:15 horas desta tarde alertando da presenza dun corpo no mar. Polo de agora, descoñécense as causas polas que a vítima puido ter caído á auga.

O cadáver do ancián foi recuperado dende unha lancha de Salvamento Marítimo. Segundo se tivo constancia da situación, o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 puxo en marcha un operativo de rescate.

Estableceuse comunicación con Salvamento Marítimo e co Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén se alertou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo, a Protección Civil e á Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com