O portavoz do BNG no Concello, Rubén Arroxo, afirmou que “aumentar o control ás plantas de biometano e garantir unha separación mínima de 3Km dos núcleos de poboación”.
A proposición foi aprobada coa abstención do Grupo Municipal do PP.
Actualmente, estanse proxectando plantas de gran tamaño, que requiren un aporte constante e moi elevado de residuos para o seu procesamento, polo que os residuos de preto non son suficientes e tráenos de moito mais lonxe. E, a maior tamaño existe un maior volume de residuos almacenados, mais operacións de descarga de residuos, maior volume a xestionar e tamén maiores riscos en caso de escape de emisións e risco de incendio.
A proposta do BNG busca o consenso da Corporación Municipal para instar á Xunta a regular esta actividade con 5 obxectivos principais:
1. Establecer límites entre as plantas de biogás – biometano e núcleos de poboación e/ou vivendas habitadas, así como elementos patrimoniais ou bens naturais nun mínimo de 3.000 metros.
2. Establecer a distancia máxima entre a orixe dos materiais usados na dixestión, e a localización da planta en 20 quilómetros para residuos líquidos , e con carácter xeral a un máximo total de 50 quilómetros.
3. Lexislar o sector establecendo unha serie de parámetros que deban cumprir as instalacións en canto aos materiais que entran como aos que saen.
4. Regular a xestión do dixestato xerado despois do proceso de biometanización.
5. Restrinxir a circulación de transporte pesado relacionado con estas instalacións, que non poderán transitar polos cascos urbanos e núcleos de poboación no rural.