O xoves abren as inscricións para o Aprende Xogando

O Concello facilitará un curso escolar máis a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal cunha nova edición do programa Aprende Xogando. Nesta liña, a concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición desta iniciativa para o 1º trimestre do curso, correspondente ás tardes dos meses de outubro, novembro e decembro. A matrícula poderase realizar do 1 ao 6 de setembro (ambos os dous días incluídos) de xeito telemático.

O Aprende Xogando está dirixido a nenas e nenos empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 4 e os 12 anos. Poderán acceder ao programa menores con 3 anos que se atopen escolarizados e sempre que cumpran os 4 anos no período solicitado.

O programa levarase a cabo en horario de tarde, das 16:00 ás 20:30 horas e en período das vacacións escolares tamén con opción de maña, das 9:00 ás 14:00 horas nos centros de convivencia Maruja Mallo e Uxío Novoneyra, así como na nave de vías e obras do parque da Milagrosa.

As solicitudes para este servizo, efectuaranse a través do correo electrónico aprendexogando@lugo.gal achegando, con carácter obrigatorio, fotocopia do DNI da nai/pai ou da persoa que represente legalmente ao menor, que asine a solicitude; fotocopia cotexada do libro de familia ou documentos equivalentes, fotocopia da tarxeta sanitaria da nena/o e certificado médico ou informe de calquera dato médico de relevancia para a prestación do servizo.

No caso de que o número de solicitudes presentadas fose superior ao das prazas ofertadas, aplicaranse as seguintes prioridades: fillas/os de mulleres víctimas de violencia de xénero, de familias monomarentais ou monoparentais, de nais/pais con persoas dependentes ao seu cargo e nais/pais que traballen ou estean a formarse.

Tanto as bases deste programa como a instancia poden descargarse a través da seguinte ligazón: http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-aprende-xogando.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com