Aprobado o presuposto de 2026 do concello de Lugo que ascende a case 132.000.000 de €

O Concello de Lugo contará en 2026 co orzamento máis elevado da súa historia, que roldará os 132 millóns de euros. Con todo, para que as contas entren en vigor aínda restan varios trámites ata a súa aprobación definitiva.

Do pleno municipal celebrado hoxe despréndense, en todo caso, dúas conclusións claras. A primeira, que a veciñanza lucense asumirá unha nova débeda, xa que o Goberno local prevé solicitar un crédito por importe de 18.169.979 euros. A segunda, que a maioría que sustenta o executivo municipal, formado por PSOE e BNG, amósase especialmente fráxil.

Proba diso foi a aprobación dunha emenda presentada polo Partido Popular grazas ao voto favorable da concelleira María Reigosa, integrante do grupo socialista, aínda que afastada da militancia e das funcións de goberno. Reigosa xustifica o seu posicionamento no apoio a aquelas iniciativas da oposición que considera beneficiosas para os intereses da cidadanía lucense.

Esta circunstancia volveu quedar patente no pleno de hoxe, no que a edil respaldou unha emenda do PP para bonificar o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) a determinados propietarios de terreos situados na zona rural do municipio.

Posicionamento da oposición

A portavoz do Partido Popular, Elena Candia, advertiu de que o proxecto de orzamentos non cumpre co principio de estabilidade orzamentaria, tal e como sinalou o interventor municipal. Ademais, puxo o foco no incremento da débeda viva do Concello, que superará xa os 40 millóns de euros ao sumar os distintos créditos que se están a subscribir.

Candia explicou tamén, que a aprobación da emenda presentada polos populares, e que saiu co voto de Reigosa,é de grande interese xa que,  se se dera o caso de que o goberno municipal non implemente  dito mandado, calquera persoa podería recorrer á vía xudicial amparándose no acordo plenario. Cómpre lembrar que esta emenda chegou ao pleno a raíz dun erro, segundo declarou, da concelleira do BNG, Cristina López, que a votou na comisión previa á sesión plenaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com