Arde una granxa de perdices en Cospeito

Un incendio declarado a pasada noite nunha granxa de perdices en Cospeito provocou que a nave ardese por completo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, todos os animais que se atopaban no interior da granxa morreron a causa do lume.

Foi o dono da granxa quen alertou ao 112 Galicia ás 4:00 horas para dar conta do incendio e, nada máis recibir o aviso, dende o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil. Ademais, se informou dos feitos ao 061-Urxencias Sanitarias.

Unha vez no lugar do incendio, a dotación controlou e sufocou o lume, que deixou a granxa calcinada na súa totalidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com