Arde unha casa en Bóveda con dous anciáns no seu interior

A primeira hora desta maña produciuse un incendio nunha casa na aldea de A Raíña, sita na parroquia de Martín no municipio de Bóveda. Na casa residen dúas persoas de avanzada idade que, segundo aseguraron familiares moi achegados, atopábanse no interior do inmoble cando se propagou o lume.

Un alertante chamou ao 112 Galicia sobre as 09:30 horas para pedir axuda. Indicaba que ardía unha casa, que xa caera o tellado e que había dúas persoas no seu interior. De inmediato, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia, pasouse aviso a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Monforte. Tamén se puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil, do Concello e alertouse aos Bombeiros de Chantada por si fose necesaria a súa intervención.

Nestes intres, os membros do parque comarcal de Monforte continúan no punto, ao igual que o resto dos servizos de emerxencia alí desprazados. Confirmaron que a casa colapsou por completo, caeron as paredes e o tellado, e, procederán á retirada de escombros para iniciar a procura dos habitantes do inmoble. Ademais, solicitaron  unha ambulancia para un dos familiares -das posibles vítimas- ao sufrir unha crise de ansiedade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com