Arde unha vivenda en Sarria e un raio cae nunha casa en Castro de Rei

Unha vivenda en Sarria resultou practicamente calcinada a causa dun incendio que comezou nun costado da casa, onde se situaban as cuadras. Por fortuna, ninguén resultou ferido, pese a que a vivenda estaba ocupada no momento de producirse o incendio. Tampouco os animais sufriron danos e os servizos de extinción advirten que a casa pode fumegar aínda durante unhas horas debido á carga térmica alcanzada.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás dúas desta madrugada a través da chamada de alerta dun veciño para pedir axuda para a extinción dun incendio que empezou na parte esquerda da casa situada no lugar de Padriñán. Así, desde o 112, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Sarria que apagaron o lume preto das sete da mañá.

Asemade no concello de Castro de Rei, un raio provocou un pequeno conato que afectou a unha mesa e uns libros na parte baixa dunha vivenda do Mosteiro Vello. Segundo consta no 112, o lume produciuse ás tres da madrugada, pero bastou pechar a porta da estancia para sufocar as chamas sen maiores consecuencias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo