Arden dúas casas e outra resulta afectada polas lapas en Foz

Dúas casas situadas en Caritel, en San Martiño de Mondoñedo, no concello lucense de Foz, arderon esta mañá na súa totalidade e outra lindeira tamén se viu afectada. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, posto que a única persoa que se atopaba nese momento no interior da vivenda onde se orixinou o lume, puido ser evacuada polos veciños.

Foi un particular quen, sobre as 08:15 horas desta mañá, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que ardía a casa da veciña, un inmoble  de dúas alturas. A partir de aí, os xestores do 112 alertaron de inmediato aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Debido á magnitude e á rapidez con que se propagaron as lapas, foi necesaria a colaboración dos Bombeiros de Viveiro para atallar o lume, que xa se propagara a dúas casas mais. A esta hora, o lume xa foi extinguido, aínda que, os membros do servizo de extinción de Barreiros continúan no punto refrixerando a zona.  Arderon dúas casas por completo e unha terceira tamén se viu afectada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo