" />

Arias anima aos lucenses a pedir as axudas da Xunta para corrixir o impacto paisaxístico das súas vivendas

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, animou hoxe ás persoas lucenses que queiran facer obras de mellora no exterior das súas vivendas, tales como revestir fachadas de ladrillo ou adecentar muros de peche de fincas, a acollerse ás axudas que concede o Goberno galego co fin de corrixir o impacto paisaxístico que provocan determinadas edificacións.

No transcurso da visita a un domicilio de Vilalba cuxo propietario solicitou estes incentivos da Xunta, Arias explicou que as subvencións poden alcanzar o 70% do investimento ata un máximo de 3.000 euros. Son compatibles con outras achegas para a mesma finalidade, sempre que a suma total non supere o custo da actuación. O prazo de solicitudes está aberto ata o 31 de maio.

A medida busca estimular aos particulares ou comunidades de propietarios para que fagan pequenas obras que contribuirán a harmonizar o entorno”, dixo Arias, quen precisou que as actuacións terán que adaptarse aos criterios que fixan a Guía de cores e materiais de Galicia e a Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística.

En concreto, poderá financiarse o tratamento de paredes medianeiras; o revestimento de fachadas de ladrillo ou formigón ou o cambio de cor do exterior de edificacións cuxas tonalidades actuais impactan de forma negativa na contorna. Tamén o remate de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación de tella cerámica ou lousa, en función do material tradicional da comarca.

Tamén se financia o acondicionamento de peches de predios de gran dimensión -cunha altura superior a 1,50 metros-, mediante a instalación de solucións diáfanas ou sebes vexetais; o revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón con fábrica de pedra semellante á cachotaría tradicional; así como a substitución de celosías.

Arias salientou a importancia de que todas as administracións se impliquen neste cometido e instou aos concellos a colaborar na difusión deste programa de axudas entre os potenciais beneficiarios e a axilizar os trámites e xestións da súa competencia, como a concesión de autorizacións para facer as obras.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Abr 22, 2021 - 07:56 PM

    Os que teñen eses horrorosos pendellos sen rematar, pero moitas veces con un coche de gama alta a carón, case sempre coincide que son votantes do PP. Ainda con axudas xa veremos senon siguen co feismo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo