" />

Arranca a misión de avaliación das Montañas do Courel como Xeoparque Mundial

A misión de avaliación do proxecto de candidatura a Xeoparque Mundial da Unesco para as Montañas do Courel, que conta co apoio da Deputación, que achegou case 50.000 euros para financiar esta iniciativa. A Xunta de Galicia tamén apoia esta candidatura e con este fin achegará 34.000 euros adicionais.

Os actos arrancaron coa presentación desta candidatura no Museo Etnográfico de Quiroga. Os dous observadores da Unesco, procedentes de China e Francia, visitan estes días (17, 18 e 19) máis de trinta puntos de interese da montaña luguesa dos Concellos de Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga, para emitir o informe que resolverá en 2019 se finalmente as Montañas do Courel contan co este distintivo internacional, o que as convertería no primeiro Xeoparque Mundial da Unesco do noroeste de España.

Os observadores percorrerán acompañados por membros da Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel, os principais lugares do patrimonio xeolóxico e o conxunto de recursos naturais que permiten coñecer a evolución da historia e xeolóxica da zona, así como os numerosos miradoiros que teñen a finalidade común de resaltar o valor dese patrimonio xeolóxico e mineiro do territorio e potencialo como recurso cultural e turístico.

O percorrido dos vindeiros días está estruturado para visitar o territorio de sur a norte, por ser a zona sur a entrada natural a Galicia polo Camiño de Inverno, e porque este itinerario permitirá que os avaliadores poidan atravesar todos os materiais e estruturas que hai no territorio durante estas xornadas. A primeira xornada consistiu en coñecer a xeoloxía da contorna do rio Sil, así como as explotacións auríferas e diversas estruturas. O mércores os avaliadores achegaranse a ver os recursos xeolóxicos da zona norte e o xoves será a quenda do Val de Seara para amosarlles todos os aspectos relacionados cos vales glaciares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo