" />
Ribeira Sacra Catamarán

Arrancan as Rutas Fluviais da Deputación na Ribeira Sacra con 5.600 reservas

As Rutas Fluviais da Deputación pola Ribeira Sacra lucense arrancaron hoxe sumando máis de 5.600 reservas, un 13% máis que o ano pasado nas mesmas datas. Do total, 4.895 son para as rutas de Doade e 779 para Belesar.

Os interesados en desfrustar dalgunha das rutas fluviais da Deputación poden facer a súa reserva a través da Central de Reservas, na que poderán gardar ou comprar os billetes; así como solicitar todo tipo de información. Pódese facer on line as 24 horas en www.reservas.rutasembalses.es; ou ben de luns a domingo de 08:30 a 20:30 horas no teléfono 982-26- 01-96 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org.

O horario do funcionamento durante a Semana Santa será diario, habendo dúas rutas, unha ás 11.30 horas e outra ás 16.00 horas. Logo da Semana Santa os horarios das viaxes variarán en función da ruta. A denominada do Canón do Sil, con saída en Doade e percorrido dende Santoa Estevo a ata o Mosteiro de Santa Cristina, sairá de martes a domingo, incluídos os festivos, ás 11:30 e 16:00  horas.

Na segunda ruta, a do Cabo no Mundo, con saída en Belesar, no Miño, no Concello do Saviñao será sábados, domingos e festivos nacionais ás 11.30 e 16.00 horas. A partires de xullo e ata outubro, haberá viaxes de mércores a domingo, en horario de 11:30; 16:30 e 19:00 horas.

As Rutas Fluviais da Deputación están dirixidas a promover a riqueza patrimonial e natural do sur da provincia, concretamente da Ribeira Sacra. Os visitantes poderán coñecer no Miño, as Aldeas de Ribeira, as Vides, a Praia da Cova ou a Illa de Maiorga, entre outras belezas. E no Sil, os Miradores de Pena do Castelo, Chelos, Cadeiras, Soutochao, as Ribeiras do Sil ou as vides de Amandi. Con estas rutas fluviais estamos a dinamizar a economía local dos 21 Concellos de Lugo e Ourense que integran a Ribeira Sacra, beneficiando, directamente, aos profesionais dos máis de 400 establecementos da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo