Arroxo: “O anuncio da intermodal é tan fiable como o de outras precampañas electorais”

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, valorou o anuncio da intermodal como “outro anuncio electoralista como os que se ven cada vez que unha eleccións preto” e engadiu que “o anuncio da intermodal é tan fiable como o de outras precampañas electorais”. Arroxo lembrou que “proxectos e convenios” para a intermodal de Lugo xa foron presentados en 2009 por un ministro socialista ou a presentada en 2014 por unha ministra do PP.

Arroxo dixo que “tamén resulta curioso que todos os proxectos teñen un custe similar independentemente da súa magnitude e complexidade técnica”. Para o BNG “non é normal que un proxecto austero como o presentado onte teña un coste similar ao proxecto faraónico presentado en anos anteriores”. 

O voceiro do BNG sinalou, tamén, “parece que o único interés de PP e PSOE e facer obras para darlle traballo ás contrutoras, e que ningún se plantexa que se vai facer unha estación nunha cidade á que non chegan trens, nin se lles espera”. Rubén Arroxo lamentou que “reiteradamente son rexeitadas as propostas do BNG para dotar a Galiza dun sistema ferroviario eficiente e con utilidade para as veciñas e veciños” e afirmou “o que necesita Lugo son trens e non obras de construción”. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo