" />

Arroxo: “o Partido Popular quere polemizar cun modelo de bus que apoiou na Mesa de Transporte Público“

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, respostou ás declaracións do Partido Popular sobre as novas liñas de transporte urbano que entrarán en funcionamento o vindeiro día 1. Rubén Arroxo afirmou que “o PP pretende polemizar cun modelo de transporte público que apoiou na Mesa de Transporte Público, onde se acadou o acordo dos catro grupos da corporación”.

O Tenente de Alcalde explicou que “o novo modelo optimiza ao máximo os quilómetros contemplados no contrato de transporte público co que contamos na actualidade”, e engadiu que “para engadir un novo percorrido, habería que suprimir a conexión con outra zona da cidade”.

“O PP pide aumentar as conexións nun punto da cidade, e terá que explicar na Mesa de Transporte a que zona se lle ten que retirar”, afirmou Rubén Arroxo, que lembrou que “as novas liñas conectarán con maiores frecuencias e mellores percorridos todas as zonas da cidade”.

O proxecto está composto por 6 grandes liñas que conectan o eixo Norte-Sur da cidade,  a zona onde se atopa a maior parte da veciñanza de Lugo, e que terá unha frecuencia de 10 minutos. Os distintos barrios melloran as frecuencias de conexión co centro da cidade, pasando da hora entre cada volta que hai actualmente a 30 minutos a partir do vindeiro día 2.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo