" />

As comarcas do sur de Lugo acollerán a segunda etapa da XX Volta a Galicia

As comarcas de Chantada, A Ulloa, Lemos e Sarria acollerán o vindeiro venres 16 de setembro a segunda etapa da XX Volta a Galicia.

O trazado deseñado para esta segunda etapa da Volta a Galicia conta con 163,3 quilómetros e percorrerá estradas dos concellos de Taboada,
Monterroso, Portomarín, Paradela, Sarria, O Incio, Bóveda, A Pobra de Brollón, Monforte, Sober, Pantón, O Saviñao e Chantada.

A proba iniciarase ás 12.00 horas cunha volta neutralizada polo núcleode Taboada.O percorrido conta con dous portos de terceira categoría,  no Alto de Paradela e en Santa Mariña (Pantón), e un de segunda categoría, en San Pedro de Líncora (Chantada), que os ciclistas coroarán tras pasar por Belesar e que pode marcar o desenlace da etapa, a máis longa das catro da volta galega. En Sarria e Sober ubicaranse cadansúa meta volante.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. A POBRA DO BROLLÓN
    A POBRA DO BROLLÓN
    Set 13, 2022 - 01:31 PM

    “A Pobra DO Brollón” 👆⚠️🤔😉

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo