As ‘Loitadoras’ xogaranse na casa saír dos postos máis baixos da SuperLiga Iberdrola

O Club Voleibol Emevé pasa por unha época dispar.  Pola súa banda, o equipo feminino que milita na Superliga Iberdrola non atopa o resultado positivo; e, a pesar de ter competido en todos os encontros, non logran pechar puntos e sets. Pola contra, o equipo masculino, da Superliga 2, está imparable, liderando a competición e declarándose invicto nas oito xornadas disputadas ata o momento.

Esta fin de semana as pupilas de José Valle volver a competir na súa cancha e co factor público ao seu favor. Así os lucenses poderán apoiar ás xogadoras do Emevé o vindeiro sábado, día 1 ás 17.00 horas no Pavillón Municipal que vibrará ao son das nosas Loitadoras.  O equipo a derrotar será o  Feel Volley Alcobendas que se atopa quinto na clasificación. As madrileñas veñen dispostas a levarse o encontro, pero as lucenses farán todo o posible para sacar o seu mellor xogo e conseguir que os tres puntos queden na casa e saír dos postos baixos da clasificación.

O probable septeto de José Valle para o inicio do partido será o formado por María Sanjurjo, Laura Villasante, Irene
Yáñez, Natalia Aispurúa, Lucía Prol, Tea Andri’c e Eliana González (Líbero). Como reservas: Alba Pizarro, María Aguiar, Aitana Fernández, Uxía López, Paula Lorenzo, Julia Paradela e Carmen Saa.

Pola súa parte, os mozos de Diego Taboada terán que desprazarse esta fin de semana ata Boiro para medirse ao equipo da localidade, o Boiro Voleibol, rival directo e que está en cuarta posición na clasificación. Os lucenses viaxarán coa seguridade de non fallar e poder continuar a tempada invictos para asegurar unha praza na Copa Príncipe. Para iso, terán que sacar o seu mellor xogo e conseguir que os boirenses estén desequilibrados en recepción e ataque.

O septeto inicial poder ser o formado por Pablo Villar, Pedro Sánchez, Chema Giménez, Victor Bouza, Manuel Blanco, Anass Anzaui e Mario Dovale (Líbero). Como reservas: Antonio Mondejar, Rubén López, Adrián García, Jordi Herrero e Guillermo Avendaño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo