As medidas non letais conta o xabaril, chegan aos programas electorais

Os programas electorais das diferentes candidaturas que se presentan á circunscripción lucense deixan entrever necesidades en materia de protección e benestar dos animais e, unha delas, o desenrolo de medidas non letais para previr accidentes ou disuadir a fauna silvestre de zonas urbanas, encontrou espazo nos documentos de BNG e En Común Unidas Podemos.

Tanto a coalición formada por Podemos, Esquerda Unida e Equo, como a formación nacionalista, asumen como promesa electoral o traballo sobre métodos disuasorios que non supoñan a morte dos animais, algo que, segundo explicaban esta mañá colectivos animalistas da cidade, atoparía utilidade na cidade de Lugo, onde os últimos meses véñense avistanto xabarís en parques e outras zonas urbanizadas do municipio.

Os colectivos animalistas sinalas, na liña destas proposicións electorais, que existen suficientes métodos alternativos á caza, sendo unha obriga de calquera administración poñelos en marcha para testar cal é o que amosa unha mellor efectividade en evitar accidentes, recordando que os paseos dos suidos son inofensivos e que se pode adaptar a ecoloxía urbana a sistemas “menos atraíntes”, como a xeroxardiñaría.

Neste senso, a Fundación Franz Weber e a Asociación Animalista Libera rexeitan o “alarmismo” co que a Xunta quere avalar as súas batidas en zonas periurbanas, xa que nin os técnicos autonómicos nin o plan estatal de vixilancia epidemiológica detectaron a transmisión de enfermidades por parte dos xabarís e, moito menos, din os colectivos, “existe un censo científico que avale a pseudoteoría da sobrepoblación.

Unha recente resposta da Valedora do Pobo á queixa formulada polos defensores dos animais sobre estas cacerías a poucos metros de parques e vivendas de Lugo, evidencia que “o grupo de traballo multidisciplinar” é unha “sorte” de “Comité Galego de Caza segundo”, onde apenas existe presenza do goberno central, a pesar do seu crucial papel na inspección sobre enfermidades da fauna silvestre e de ostentar a titularidade dun importante número de quilómetros de vías de tránsito rodado.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Carlos Ramos Diaz
    Abr 16, 2019 - 08:27 PM

    Xa sei… Van levalos pa casa como animal de compañia🤔🤔🤔🤔😜😜

    Reply
  2. Avatar
    Lucia Barcelos
    Abr 16, 2019 - 08:18 PM

    Pras terrazas que fai bon tempo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo