As persoas infectadas por Coronavirus xa superan o medio millar en Lugo

Sigue imparable o ascenso de contaxios por Coronavirus na área sanitaria de Lugo, nas últimas 24 horas aumentou en vintedúas as persoas contaxiadas pola Covid-19, o que arroxa unha cifra de 507 infectadas a área sanitaria de Lugo.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.905, deles 1.193 son da área da Coruña, 507 da de Lugo, 670 da de Ourense, 731 da de Pontevedra, 1.134 da área de Vigo, 1.327 da de Santiago, e 343 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 54 están en UCI, 334 en unidades de hospitalización e 5.517 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 57.401 persoas curadas, rexistrándose 1.414 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.133.442.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com