" />

As rapazas do Emevé arrancan en Xixón a súa pretempada

As rapazas do Club de Voleibol Emevé arrancan esta fin de semana a súa pretempada, e fano cos partidos amistosos de Superliga 1 da Liga Iberdrola. As de José Valle viaxaron hoxe a Xixón co ánimo de enfrontarse ao Real Grupo Covadonga de Voleibol ás 19.30 horas.

Durante o día de mañá, debutarán no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo contra o Club Voleibol Zalaeta ás 18.00 horas.

Campaña de socios

O equipo aproveita o inicio de setembro para realizar a captación de socios. Así, hoxe estiveron na Praza Maior da cidade de Lugo entre as 17.30 e as 19.30 realizando diferentes actividades e recollendo as solicitudes de todos aqueles que queren formar parte do club lucense esta tempada. A campaña de socios continúa mañá entre as 12.00 e as 14.00 horas na Praza de San Marcos.

O club invita a todos aqueles interesados, socios ou non, a participar destas actividades nas que se xogará ao voleibol, e entregarán numerosos agasallos. O clube arranca esta campaña tamén nas redes sociais co hashtag #algoestapasandoenlugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo