" />

As residencias de Trabada, Pol e Ribadeo celebran o Día dos Maiores

As residencias da terceira idade xestionadas pola Deputación Provincial de Trabada, Pol e Ribadeo acolleron hoxe a programación especial organizada pola institución para celebrar o Día Internacional das Persoas Maiores. Nesta xornada participou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón que se achegou ata Pol para compartir cos usuarios da residencia diversas actividades pensadas para este día.

“Dende a Deputación nos sumamos á reivindicación das importantes achegas que os nosos maiores fan á sociedade, da necesidade de crear conciencia sobre as oportunidades e desafíos asociados ao envellecemento e de promover a súa atención, promoción e apoio”, subliñou o Deputado.

Un photocall, baile, bingo e obradoiros foron algunha das propostas das que gozaron os usuarios e usuarias das residencias de Pol, Trabada e Ribadeo, ademais dun menú especial, que compartiron co responsable provincial de Promoción Económica e Social. Recibiron tamén como sorpresa unha mensaxe gravada de Xosé Ramón Gayoso, o famoso presentador do programa máis lonxevo da TVG, Luar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo