As feiras máis antigas de Galicia arrancarán o día 17 en Mondoñedo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Comisión das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto Cabana, asinaron este mércores no Pazo de San Marcos, o convenio de colaboración entre as dúas entidades para promocionar as Feiras das San Lucas de Mondoñedo. Celébranse dende o ano 1.156 e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das mais antigas de Europa. Comezan o día 17 e rematan o 22 de outubro. Esta colaboración supón un investimento de 20.000 euros por parte do organismo provincial, convertendo así á Deputación no principal patrocinador desta cita.

Campos Conde remarcou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta cita co obxectivo de promover, recuperar e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia. Facémolo no marco do 1º Plan Estratéxico de Turismo de Lugo, que define estes obxectivos como unha das liñas de actuación para impulsar o turismo e xerar riqueza na nosa provincia”.

O Presidente explicou que esta cita “é un referente en toda provincia, unha celebración na que se pode desfrutar e vivir dunha das feiras máis tradicionais e senlleiras de Galicia, organizadas polos veciños do Concello, que durante unha semana, encherán de visitantes a Mondoñedo e a súa contorna, dinamizando a economía e o turismo de toda a Mariña. Si as San Lucas seguen perdurando no tempo, ano tras ano, é grazas ao empreño xeneroso de xente anónima e desinteresada que non quere perder as súas tradicións”. Campos Conde destacou que durante estas xornadas os participantes poderán gozar dunha programación de primeiro nivel que conxuga a música tradicional galega, promove a cultura e a tradición cabalar e contribúe a dignificar a historia, “ao tempo que impulsamos unha cita que se celebra dende hai máis de 860 anos “.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com