As San Lucas, nun cupón da ONCE

A ONCE adica á Feira de As San Lucas o cupón correspondente ao mércores 16 de outubro. Cinco millóns e medio de cupóns difundirán a imaxe dunha feira gandeira e cabalar de gran importancia e cunha tradición de hai máis de oito séculos.

O cupón foi presentado hoxe no Concello de Mondoñedo pola alcaldesa, Elena Candiá López e a directora de ONCE en Lugo, Eva Lorente Arnás. Tamén asistíu o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto Cabana, e os concelleiros José Otero Rejes e Beatriz Meilán Rego. O cupón adicado á feira cabalar está ilustrado cunha fotografía da entrada dos cabalos na Praza da Catedral mindoniense, ademáis do escudo de Mondoñedo e o logotipo da Asociación.

O cupón está dedicado á feira que se celebrará o sábado 18 de outubro, declarada de Interés Turístico Nacional, aínda que as feiras este ano serán do 17 ao 20. As San Lucas é unha das feiras tradicionais máis importantes de Galicia. A súa orixe remóntase ao ano 1156, cando o rei Alfonso VII concedéulle á vila unha festa de oito días. Feira fundamentalmente de gando, tamén está acompañada de verbenas, concertos e outras actividades de ocio.

O Cupón Diario da ONCE ofrece, por 1,5 euros, 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras. Ademáis, o cliente ten a oportunidade, por 0,5 euros máis, de xogar tamén á serie e gañar “La Paga” de 3.000 euros ao mes durante 25 anos, que se engadirá ao premio de 35.000 euros. Terán premio de 500 euros os números anterior e posterior ao agraciado; e premio de 200,20 y 6 euros ás catro, tres e dúas últimas cifras, respectivamente, do cupón premiado. Así como reintegros de 1,5 euros á última e primeira cifra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com