" />

Asinada a escritura do Centro de Maiores de Pedrafita, último paso para a súa apertura

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asinou este xoves co Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, e ante notaria a escritura do Centro de Atención a Maiores da localidade. Este é o último trámite administrativo antes da posta en funcionamento deste novo CAM, que sumarase a rede provincial con 30 prazas de residencia e outras 20 no centro de día.

O CAM de Pedrafita atópase no núcleo urbano do concello, ao carón da casa consistorial, no espazo ocupado por unha antiga edificación que a entidade local cedeu ao organismo provincial. A xestión da cesión queda formalizada e pechada con esta sinatura, rematando os pasos administrativos antes de poder abrir esta residencia que xa poderá comezar cos preingresos nas vindeiras semanas.

O pasado venres adxudicouse xa o contrato de prestación de servizos básicos deste centro por 641.600€. Un acordo que terá vixencia ata xuño do ano 2022 e que inclúe os servizos de cociña, limpeza e asistencia para o centro.

Con respecto á apertura desta residencia –que se sumará ás de Pol, Trabada, Ribadeo, Castroverde e A Fonsagrada- e seguindo o modelo de xestión pública establecido entre a Deputación e os concellos, a veciñanza desta localidade da Montaña terá prioridade de acceso, logo a dos restantes municipios da comarca e, seguidamente, os lucenses en xeral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo