" />

A Asociación de Mulleres Empresarias fará unha actividade de coaching con cabalos

A asociación de Mulleres Empresarias de Lugo xunto coa Asociación para a Integración Social e Laboral da Muller (Edeidades) organizan para este domingo, 17 de setembro e en horario de 10.00 horas a 18.00 horas, unha actividade de coaching con cabalos para mulleres empresarias que se desenrolará dentro do marco das Xornadas de Motivación e Empoderamento para Mulleres 2017 que organizan estas asociacións, financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade.

 

O acto de apertura, ás 10.00 horas, contará coa presenza da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana Lopez Abella, e a Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Beatriz Varela Requeira.

Esta actividade, pioneira en Galicia, estará guiada pola formadora certificada en coaching con cabalos Candy odríguez Castro a través de CRINCOACHUnha iniciativa que se une ás novas ofertas Neo-Rurais poñendo en valor o rural galego.

As prazas son limitadas e a inscripción está aberta para calquera muller que poderá realizala a través do enderezo electrónico edeidades@gmail.com ou no teléfono 982.226.991.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo