" />

A Asociación Internacional de Policía reúnese en Lugo

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, recibiu a un grupo de representantes da Asociación Internacional de Policía (IPA), que están esta fin de semana en Lugo con motivo da celebración dunha Asemblea do seu Comité Executivo Nacional.

A xuntanza asisten máis de setenta participantes de todo o estado, pertencentes a esta asociación membros dos distintos corpos de seguridade: Policía Nacional, Garda Civil, policías locais, Mossos D’Esquadra e Ertainztza.

O subdelegado do Goberno agradeceulles que teñan escollido Lugo como sede para organizar a súa asemblea e conversou con eles sobre distintos aspectos relacionados coa seguridade na provincia.

Ademais da propia asemblea, os membros da IPA aproveitarán a súa estancia en Lugo para visitar algúns museos da cidade, a Muralla Romana ou o Balneario. A Asociación Internacional de Policía  é a organización policial máis grande do mundo. A súa finalidade é fomentar lazos de amizade e culturais entre os seus membros e promover a cooperación internacional no ámbito profesional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo