" />

Aspnais leva a súa mostra ‘Imaxe e Palabra’ a Santiago

A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, será o escenario elixido para inaugurar e expor oficialmente dende mañá a exposición Imaxe e Palabra, organizada por Aspnais (Asociación lucense de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual) con motivo do cincuentenario desta entidade.

Durante as celebracións do cincuentenario, arredor de 200 lucenses visitaron as instalacións da entidade nas Arieiras e Rampla de Claudio López, conviviron cos usuarios de Aspnais, e difundiron as súas vivencias.

Coas fotografías de 16  destacados fotógrafos e anacos literarios de 31 escritores (froito destas visitas), confeccionouse esta exposición que se ofreceu ao público lucense na sala da Deputación Provincial de Lugo así como na Biblioteca Pública Provincial de A Coruña.

Á inauguración da exposición, por parte de Aspnais acudirán o Presidente, José Reigosa, membros do equipo técnico da institución, tres monitores e un grupo de usuarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo