Aspnais, no pasamento de Conchita Teijeiro de Pardo Ouro

Aspnais, Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual, sente a profunda dor de comunicar o pasamento de María Concepción Teijeiro de Pardo Ouro, Conchita Teijeiro, pedra angular da nosa estrutura asociativa, parte esencial da nosa familia, e persoa que nos marcou a todos pola súa amizade, dedicación e entrega.

Aspnais nomeouna Presidenta de Honra, e diante do noso edificio social – antigo Hospital de San José – unha estatua en bronce, obra do artista pontevedrés José Molares, recórdaa abrazando a un neno anónimo que representa a todos os usuarios do noso colectivo.

Como Presidente de Aspnais, admirador e colaborador de Conchita durante décadas, no nome de todos os membros da nosa gran familia – usuarios, pais, coidadores, técnicos, colaboradores e amigos – expresamos á súa familia a nosa fonda condolencia, e pedimos aos lucenses que garden lembranza garimosa desta persoa excepcional que aos de Aspnais entregou os seus mellores esforzos, e parte esencial da súa vida.

José Reigosa García.
Presidente de Aspnais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com