Aumentan as visitas á paxina web do Concello

O Concello de Lugo informou que a súa páxina web  www.lugo.gal recibiu no 2016 un total de 407.389 sesións e preto de 218.400 visitas, o que supón un incremento dun 144% en canto ao número de sesións e un 132% no que se refire ao total de usuarios con respecto ao ano 2015. O mes que máis sesións e usuarios rexistrou foi o de setembro, cun total de 61.475 e 40.366, respectivamente. Os datos rexistrados supoñen 33.949 sesións cada mes, sendo a media mensual de usuarios de 18.200.

Os datos aportados amosan unha tendencia de acceso maioritaria a través do PC ou ordenador convencional, cun 57,42%, sendo o móbil o segundo terminal máis empregado para acceder á páxina www.lugo.gal, cun 37,72%. Por último, dende as tabletas accederon un 4,86% dos usuarios. Estas dúas últimas aumentan grazas á posta en funcionamento da versión web adaptada para estes dispositivos móbiles.

Os contidos máis visitando ao longo do 2016, logo da www.lugo.gal, foron os de espectáculos, as portadas, tanto en galego como en español, e a de información pública de emprego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com