Baixan os casos activos por Covid-19 na Mariña pero aparece un novo brote en O Saviñao

O número de casos activos relacionados co brote de covid-19 que afecta á Mariña, sitúase en 51, cinco menos que onte, tras 5 altas e níngun caso novo, logo das 43 PCR realizadas nesta última xornada. Sinalar, ademais, que todas as PCR que se fixeron na Residencia de Xove foron negativas.

O número total de afectados por Covid-19 na área sanitaria de Lugo é de 80, o mesmo número que hai 24 horas, pero hai que lamentar un novo brote na área sanitaria de Lugo, en concreto no Concello de O Saviñao que afecta a un total de 10 persoas.

No que respecta a Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou na súa última actualización, que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 196, 16 máis ca onte. Deles 52 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 6 da de Ourense, 15 da de Pontevedra, 32 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 10 en unidades de hospitalización e 185 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.211 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 241.712.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com