" />

Baixan os casos activos por Covid-19 na provincia aínda que o número de novos positivos continúan a ser alto

O número de casos activos na provincia baixa aos 1.957 logo de que se produciran máis altas que novos infectados, en concreto son 66 menos que no día de onte, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización

En canto a presión hospitalaria, hai que lamentar que tres novas persoas ingresaron na Unidade de Coidados Intensivos do Hula e o total de hospitalizados na área sanitaria de Lugo ascende a 97.

Asemade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.887; deles 5.542 son da área da Coruña, 1.957 da de Lugo, 2.409 da de Ourense, 2.562 da de Pontevedra, 3.469 da área de Vigo, 3.183 da de Santiago e 1.765 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 247 están en UCI, 1.036 en unidades de hospitalización e 19.604 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 80.537 persoas curadas, rexistrándose 1.934 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.485.603.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo