Balseiro interésase no Parlamento galego polo proxecto de mellora da seguridade que a Xunta deseña para a estrada da Gañidoira

O deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha pregunta no Parlamento de Galicia na que se interesa polo trámite no que se atopa o ambicioso proxecto promovido pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para a mellora da seguridade da estrada autonómica da Gañidoira.

O Goberno galego traballa nun proxecto que permitirá incrementar a capacidade e servizo da LU-540, que une as localidades de Viveiro e Xermade. Trátase da principal alternativa para os vehículos que viaxan en dirección ás cidades de Lugo e de Ferrol desde A Mariña lucense ou desde a parte máis occidental da comarca da Terra Cha.

A iniciativa ten como principal obxectivo o acondicionamento dos treitos que permitan unha mellor mobilidade da veciñanza, en condicións máis seguras e cómodas. De feito, prevé a rectificación de curvas, así como a implantación de novos tramos de carrís de adiantamento (en treitos con pendente superior ao 3%) así como a mellora da seguridade fronte ao cruce de animais.

“A proposta inicial da Xunta, pendente do proxecto definitivo, incorporaba a construción por desdobramento de cinco tramos de carril lento en sentido Lugo e tres en sentido Viveiro”- lembra o deputado.

O Goberno galego fixo un investimento inicial de 185.000 euros para contratar coa empresa especializada Ingenieria del Noroeste S.L. o deseño do proxecto construtivo desta obra, para o que tiña un prazo que remata neste primeiro trimestre do ano (en marzo de 2021). A esta cifra de investimento teríamos que engadir o custe efectivo de execución das obras.

O deputado popular quere tamén facer balance dos investimentos achegados pola Xunta nesta vía pois lembra que os últimos anos, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén impulsando as obras de regularización e reforzo de firme e de renovación e mellora da sinalización, balizamento e das marcas viarias, por citar as máis recentes.

A estrada da Gañidoira comeza o seu trazado no centro do núcleo urbano da cidade de Viveiro e continúa en dirección sur, cara a Ourol, atravesando o municipio de Muras, na Serra do Xistral –no alto do porto da Gañidoira-, para finalmente terminar na rotonda situada na parroquia de Cabreiros, nos arredores de Xermade, uníndose neste punto á autovía autonómica AG-64.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com