Balseiro: “Os orzamentos impulsarán a primeira fase de remodelación do Hospital comarcal”

O Partido Popular de Lugo rende contas ante os colectivos veciñais da provincia do contido dos orzamentos da Xunta para 2020. Uns encontros organizados a petición da federación de asociacións de veciños da provincia de Lugo e que esta tarde recalaron en Monforte.

O dirixente popular, José Manuel Balseiro, foi o encargado de presentar as liñas mestras dos que definiu como “os orzamentos máis sociais da historia da autonomía” e unha contas que “volven a facer de Lugo a provincia galega con maior investimento” por habitante (4.252€/lucense).

Balseiro puxo en valor outras medidas complementarias incluídas nos orzamentos da Xunta para o 2020, como máis recursos para axilizar e ampliar os recoñecementos de Dependencia (a partida increméntase nun 6% ata os 362M€), a gratuidade das escolas infantís a partir do 2º fillo (este incluído) ou o aumento nun 25% da dotación económica da Tarxeta benvida para os que residan en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Son contas, deseñadas polos populares, que inclúen rebaixas fiscais. Así, seguirán sen pagar imposto de transmisións aqueles que realicen operacións vinculadas a solos rústicos, explotacións agrarias e forestais; ademais de incorporar novas rebaixas para todos os colectivos que compren unha vivenda usada nas zonas pouco poboadas que na nosa provincia son 1.251 parroquias (o 98,4% do total).

Outra das novidades fiscais é que quedan exentas de tributación todas as herdanzas de ata un millón de euros por herdeiro, isto é, o 99% dos lucenses non pagarán o Imposto sobre Sucesións cando reciban unha herdanza dun familiar directo: cónxuxes, pais, nais, fillos, avós, netos e incluso irmáns.

Das partidas concretas destinadas á zona sur lucense, Balseiro destacou sobre todo a dirixida ao desenvolvemento do plan director do hospital de Monforte ou, dito doutro xeito, a impulsar a primeira fase da obra de remodelación integral deste centro hospitalario comarcal.

Tamén destacou as achegas dirixidas a completar a conexión do Porto Seco coa estrada nacional, que agarda sirva para o despregamento definitivo desta infraestrutura, e as dirixidas á remodelación da estación de autobuses, entre outras. En materia educativa destacou os proxectos de ampliación e reforma dos institutos Val do Asma e Lamas das Quendas en Chantada e do colexio de Educación Especial Infanta Elena de Monforte de Lemos.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Manuel Quiroga Lopez
    Nov 05, 2019 - 03:22 PM

    Deus como se nota que hai ELECCIÓNS

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo