Barreiro pide axuda a Institucións Penitenciarias para os concellos galegos que acollen carceres

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro, xunto con representantes dos concellos de Outeiro de Rei, Curtis, A Lama e Pereiro de Aguiar, mantiveron unha reunión, este xoves na sede de Institucións Penais, co secretario xeral, Anxo Yuste, para trasladarlle a actual situación dos concellos galegos que acollen centros penais.

Deste xeito, o senador galego e os edís explicaron cal é o estado no que se atopan as prisións Neste punto explicáronlle a incidencia que teñen estes centros penais nos seus correspondentes concellos, porque “xeran un incremento de custos na prestación de servizos como consecuencia da súa localización”.

Así, sinalaron que estes custos teñen relación cun aumento no gasto de mantemento, iluminación, abastecemento de auga, é dicir, “un maior investimento en infraestruturas e nos servizos sociais básicos”.

Doutra banda, tamén supón unha sobrecarga nos xulgados de paz, xa que teñen que tramitar un maior número de denuncias e déixase notar en localidades de dimensións tan reducidas.

Na xuntanza solicitouse  “unha sensibilización con esta situación e que os concellos vexan aumentada a súa asignación para axudar a paliar os gastos. Trátase de estudar fórmulas para compensar o esforzo que fan estes concellos que sitúan os centros penais.

Pola súa banda, Anxo Yuste, secretario xeral de Institucións Penais, trasladou a súa boa predisposición para buscar uns criterios “razoados e xustos” que poidan liquidar eses sobrecustes.

Para terminar, Barreiro quixo mostrar o seu “agradecemento ao secretario xeral de Institucións Penais, pola sensibilidade mostrada na reunión”, que cualificou de “moi positiva”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com