A BBC comeza hoxe a filmar nas Catedrais un documental sobre a dinámica dos océanos

Un equipo da BBC comeza hoxe a gravar na Praia das Catedrais un documental para a súa canle de historia natural sobre a dinámica dos océanos. Membros do equipo xa se trasladaran a Ribadeo no mes de setembro para estudar o emprazamento. O documental inclúe praias e zonas de costa de todos os continentes e será difundido a nivel mundial.

Desde o Concello amósanse “encantados” polo feito de que a praia “non só forme parte de películas de ficción, senón que tamén amose a realidade natural tan fermosa que ten toda a costa de Ribadeo”, en palabras de Ana Martínez, concelleira de Turismo. Martínez subliñou que dende o Goberno local están aportando toda a axuda loxística necesaria que necesitan os membros da rodaxe.

A rodaxe do documental comeza hoxe aproveitando os horarios da marea e prolongarase durante toda a semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo