" />

Benestar reforza as liñas telefónicas para atender as persoas soas, con problemas de saúde

A Concellaría de Benestar, Inclusión e Maiores, reforza as liñas telefónicas e o persoal para atender as necesidades básicas daqueles veciños e veciñas que se atopan sós e con problemas de saúde e/o mobilidade.

A edil responsable da área, Olga López, sostén que “estamos xerando os mecanismos necesarios para darlle unha resposta a este amplo colectivo, que pode necesitar que alguén lle faga a compra, vaia á farmacia ou mesmo que teña necesidade de compañía, e aínda que esta compañía física non vai a ser posible polas medidas de prevención polo coronavirus, si se lles acompañará vía telefónica”. A concelleira sinala que é especialmente importante dar cobertura a estas persoas, tanto desde o punto de vista asistencial como emocional. Para iso, a área de Benestar reforza as liñas telefónicas ás que poderán chamar.

Estes son os números: 

982297455  983297458  982297505  982297460

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Mar 20, 2020 - 09:01 PM

    E en que horario. Cando falla falta ou de 10 a 1 horario normalizado do concello de Lugo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo