BNG-AA aposta por implantar zonas 30 na cidade

Rubén Arroxo, acompañado de membros da canddidatura do BNG–-AA deu a coñecer as liñas básicas que centrarán o seu programa electoral. Arroxo apostou por un modelo de cidade “máis amable coas persoas” e anunciou “que “pularemos por implantar zonas 30 na maior parte da cidade””. Arroxo dixo que “as nosas prioridades son primeiro as persoas, segundo as bicicletas, terceiro o transporte público e cuarto os vehículos”. Arroxo lembrou que no que vai de ano xa van máis dunha decena de atropelos de peóns na cidade de Lugo, e dixo que “hai que apostar por outro modelo de cidade no que os coches respeten ás persoas e así evitar os atropelos”.

O candidato do BNG-AA enumerou un total de 5 eixos fundamentais arredor dos que se desenvolverá o programa de goberno da candidatura nacionalista. Para Arroxo será prioritario traballar na creación de emprego e ao respecto da política impositiva destacou que “”terá que pagar máis quen máis ten””. Rubén Arroxo asegurou que “hai que cubrir as necesidades básicas das persoas e que “ninguén pode pasar fame, nin frio, nin durmir na rúa neste concello””.

Outra das liñas a seguir marcadas polo candidato do BNG-Asambleas Abertas será a de “respetar e axudar a quen traballe nos ámbitos da igualdade, da cultura e do deporte xa que”, engadiu “”apostamos pola vida neste concello e faremos que Lugo funcion”e”. Rubén Arroxo dixo, en referencia aos edificios públicos abandoados que hai no concello actualmente, que “”Lugo non quere máis edificios sen contido. Contras as obras faraónicas que outros propoñen nos apostamos por darlle utilidade ao que xa hai, rehabilitar e rehabitar a nosa cidade””.

Rubén Arroxo tamén destacou que en canto ás políticas para as parroquias e o medio rural, “”darémoslles voz aos veciños e veciñas por que quen vive nas parroquias ten os mesmos dereitos que quen vive na cidade e nos imos escoitar, atender e resolver as súas demandas”. “Non imos continuar as políticas caciquís iniciadas polo PP e continuadas polo PSOE”,” concluiu Arroxo.

Arroxo reiterou a necesidade de que se execute a propota do BNG de dotar a Lugo cunha zona pública de baño, e de implementar as medidas necesarias para eliminar a contaminación do río Miño. “

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com