O BNG-AA pide a reposición do pantalán das Saamasas

O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, pediu esta mañá que se tomen as medidas precisas para repoñer ao seu lugar o Pantalán do catamarán das Saamasas que despois de máis 10 días continúa enriba do caneiro das Illas. “Existe o perigo de que continúe río abaixo enteiro ou en trozos, de que se dane o propio pantalán ou o caneiro”, advertiu Rubén Arroxo. “Non sabemos se existen, neste momento, protocolos de mantemento e vixiancia ou persoas responsables de vixiar os elementos que están no cauce fluvial”, cuestionouse o voceiro nacionalista.

Para o BNG, ademáis, “existe unha falta de preocupación polo entorno do río e polas infraestruturas que deberían ter unha especial atención nas épocas de temporal”. Rubén Arroxo sinalou que “unha estrutura deste tamaño debería contar co debido mantemento e vixiancia para evitar que pasen cousas como estas”. Arroxo avanzou que “o BNG vai preguntar polas causas que provocaron que o pantalán se soltara das súas anclaxes e tamén por outros elementos similares que existen no río como o propio catamarán ou outros pantaláns”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo