" />

O BNG critica as actividades fluviais da Deputación sen aprobar a zona de baño

A concelleira do BNG-AA, Maite Ferreiro, cuestionou a actuación da Deputación de Lugo e pediu explicacións polo feito de “que Lugo continúe sen unha zona pública de baño mentres dende a Deputación se está a promover actuacións lúdicas en zonas do río como no caso de Lugo”. Maite Ferreiro lembrou o “demoledor” informe que o goberno socialista da Deputación “encargou” para tratar de evitar que a Confederación Hidrográfica autorizase a proposta de zona de baño feita polo BNG para a zona de As Saamasas.

Ferreiro lembrou como, ao longo dos últimos anos, os gobernos socialistas de Concello e Deputación se negaron a crear unha zona pública de baño no concello de Lugo “pero non teñen problema en usar o río como un parque acuatico”. A edil do BNG-AA preguntouse “se Deputación e concello solicitaron os pertinentes permisos para estas actividades ao departamento de Medio Ambiente e á Confederación Hidrográfica, e por que non tiveron a iniciativa de facer as solicitudes para crear a zona de pública de baño”.

“A Deputación paralizou a solicitude do BNG para poñer un acceso seguro para o baño na zona de As Saamsas e non respondeu aos escritos presentados” explicou Maite Ferreiro e engadiu “incluso o noso portavoz municipal, Rubén Arroxo, contactou directamente co presidente da Deputación pero non houbo resposta dende a institución”. Para o BNG “o que sucede coa zona pública de baño no río é unha teima do PSOE por bloquear as iniciativas que non son dos seus afíns”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo