BNG e PSOE apostan por un uso socio-sanitario para os edificios do antigo Hospital

O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, acompañado da número dous da candidatura, Maite Ferreiro, mantiveron un encontro con representantes de asociacións do eido socio-sanitario que traballan na Casa Clara Campoamor do parque da Milagrosa. Os candidatos do BNG – AA achegaronse para coñecer de primeira man o traballo que realizan nos seus correpondentes ámbitos de actuación.

Despois de comprobar as condicións nas que traballan, Arroxo afirmou que “estas asociacións precisan de outros espazos máis axeitados” e engadiu que “nos sempre tivemos claro cal é o modelo de espazo para as asociacións e por eso, no seu momento, reivindicamos que o edificio do hospital de San Xosé fose de uso para todo o tecido asociativo”.

“Non pode ser que teñamos un edificio arruinandose e que a xente das asociacións traballe en locais con condicións pouco axeitadas” sinalou Rubén Arroxo. “O edificio da residencia ten que ter uso socio-sanitario, Lugo precisa espazos para que as asociacións poidan desenvolver a súa actividade en lugares axeitados” dixo Arroxo.

O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, asistiu ao acto reivindicativo convocado diante do edificio da antiga Residencia. Arroxo sinalou que “tras 5 anos de abandono deste edificio seguimos a loitar por que non se converta nunha ruina e teña o uso socio-sanitario que Lugo precisa” en engadiu que “sempre apostamos por un PAC e a creación dunha residencia para maiores non asistidos xa que son dúas necesidades deste concello”.

Rubén Arroxo:

Pola súa banda, o alcalde de Lugo, José López Orozco, avogou tamén por facer destas instalacións un centro de atención primaria e unha residencia pública para asistidos e non asistidos.

López Orozco:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com