" />

O BNG lamenta que a Xunta celebre soa a conmemoración da Muralla como Patrimonio

A edil do BNG no Concello de Lugo, Maite Ferreiro, lamentou que este ano a Xunta de Galicia rompese a unidade institucional e promovese pola súa conta unha xornada “que pouco aporta” para celebrar “con tintes partidistas” o aniversarios da consecución do título de Patrimonio da Humanidade para a Muralla de Lugo. Para o BNG, “ignorase a quen tivo papel principal no traballo previo á consecución do nomeamento do monumento como Patrimonio da Humanidade” e Maite Ferreiro referiuse concretamente ás figuras de Adolfo de Abel e Felipe Árias.

Maite Ferreiro asegurou que “o acto do señor Balseiro queda reducido á presenza de representantes do PP e do PSOE, e trata de ocultar o traballo feito polo BNG que fixo un importante traballo en todos os ámbitos institucionais e políticas para que a Muralla tivese o recoñecemento que merecía dende principios dos anos noventa”.

Ferreiro lembrou que o BNG formaba parte do goberno bipartito do concello de Lugo entre os ano 1999 e 2004 cando se acadou a distinción, sendo Branca Rodríguez Pazos, Fernando Blanco e Ignacio Rodríguez Eguibar concelleiros das áreas dende as que se impulsaron os trámites para acadar o galardón.

“A organización dos actos promovidos pola Xunta de Galicia responde únicamente ás ansias de protagonismo do señor Balseiro e ao seu descoñecemento da historia recente da cidade de Lugo” dixo Maite Ferreiro que engadiu “empobrece a imaxe da Xunta como institución que se programen, de costas ao resto da sociedade, unha charla na que unicamente falarán representantes do PP e do PSOE e a un paseo pola muralla sen contido algún”.

A edil do BNG pediu “criterio, rigor e responsabilidade” a quen ostenta a representación do Goberno Galego na nosa provincia. A edil do BNG aproveitou para recomendarlle ao delegado da Xunta a lectura do libro sobre a Muralla de Lugo do cal foi autor Adolfo de Abel Vilela “no que se reflicte con exactitude como foi o proceso e os actores principais para acadar a consecución do título de Patrimonio da Humanidade para a Muralla de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo